Saltar a contidos.
| Castellano-Español | Català | Português | English | Français | Deutsch | Italiano |
L i m      Libros Interactivos Multimedia

Preguntas frecuentes EdiLIM

Non podo abrir un arquivo-libro
Isto pode ocorrer porque o libro non ten o formato correcto. Lembre que os libros son arquivos XML, e como tales deben cumprir unhas normas de formato. Intente corrixilo cun editor de textos tipo Bloc de Notas de windows .

Abro un libro, pero non aparecen as imaxes.
O máis probable é que o almacén de recursos non exista. Os elementos multimedia están ligados a un directorio, se edilim non atopa ese directorio non pode mostrar as imaxes. Intente localizar o directorio de recursos.

Non aparecen elementos no almacén de recursos
Comprobe que o directorio que especifica na páxina de configuración (botón "propiedades" ) contén arquivos de imaxe, son , animación (.swf) ou textos (".txt"). Se a casilla de directorio de recursos aparece en branco, seleccione un directorio.

Non podo escribir nun cadro de texto.
Repase a axuda de edilim e comprobará o significado das cores dos campos de texto. Só podemos escribir nas casillas brancas .

Exporto o libro, pero non funciona.
Asegúrese de que o nome do directorio destino é correcto, e ten permisos de escritura. Algúns navegadores de internet poden limitar a ejecución de elementos flash, comprobe que este non é o seu caso.

Arrastro unha imaxe, pero non aparece completa.
Isto ocorre co fin de evitar que lim teña que redimensionar as imaxes e vostede utilice imaxes máis grandes do necesario. O mellor que debe facer é modificar a imaxe co editor de imaxes de edilim ou un externo.

Non vexo as animacións.
Edilim non pode mostrar animacións, éstas represéntaas cunha icona. Vostede pode mover a icona pola fiestra como calquera imaxe.

No meu ordenador o libro funciona ben, pero non consigo ver as actividades en internet..
Cando publique un libro en internet debe "subir" todos os arquivos creados por edilim: libro ( ".lim", pero pode ter calquera extensión) , páxina web (".html"), player ("lim.swf") e o directorio de recursos. Se ten dúbidas cree un arquivo zip e logo suba todo o seu contido a internet ( precisa descomprimilo antes ).

Como podo indicarlle a lim o nome que ten o libro?.
Na páxina web escriba na sección de parámetros simplemente "<param name="FlashVars" value="libro=nombredellibro"/>" ( onde "nombredellibro" é o  nome que terá o libro).Por defecto lim busca o arquivo "libro.lim". A páxina web que crea edilim contén todos os parámetros necesarios para reproducir o libro correctamente, pero é moi sinxela. Tal vez necesite elaborar unha páxina máis complexa para adaptala ás súas necesidades.

Edilim é gratuito?
Si, pode utilizalo libremente, sen limitación algunha, para calquera tipo de uso: persoal, comercial, educativo, etc. Non está permitido modificar o código fonte sen autorización expresa do autor.

EDUCALIM 2006-2009 Información legal