Saltar a contidos.
L i m Libros Interactivos Multimedia

Crear páxinas



  • Tipos de páxinas:
    Clasificar  

    Este tipo de páxina permite clasificar conceptos en ata 4 grupos.

    1.- Nome dos grupos.

    2.- Conceptos, obxectos, etc para clasificar.

    3.- Grupo ao que pertencen

       
    Parellas 2 . Opción Sons  

    Variante de Parellas 2 .

    O usuario debe descobrir os sons relacionados

    Nas columnas 1 e 2 deben arrastrarse os sons.

       
    Frases 2  

    Tipo de páxina que permite relacionar imaxes pequenas con sons e/ou textos.

    Por defecto amósase coma un exercicio no que usuario debe escribir o texto correcto.

    Para amosar os textos, desmarque a casa 1

       
    Letras  

    Variante do tipo de páxina "Ortografía" no que se permiten ata tres palabras.

    As letras ocultas deben ir precedidas dun guión, por exemplo _barco.

       
    Memoria  

    Xogo que consiste en atopar os cadros ou as imaxes indicadas por LIM.

    1.- Número de cadros ocultos, ou imaxes.

    2.- Opcións.

    • Aleatorio: LIM crear os cadros ata o número máximo que se indica en ( 1 )
    • Números: aparecen números dentro dos cadros.

    3.- Imaxe que debe atopar o usuario.

    4.- Outra imaxe para encher os cadros.

    As imaxes deben ser de pequeno tamaño.

       
    Relacionar  

    Tipo de páxina que permite establecer relacións entre palabras, conceptos, etc.

    1.- Palabras ou frases da columna da esquerda.

    2.- Palabras ou frases da columna da dereita.

    3.- Para indicar a LIM con que números da columna da dereita (2) están relacionados os conceptos da esquerda (1). Deben estar separados por comas.

    Por exemplo:

    A. Formiga 1,3,4
    ...
    1. Ten antenas.
    2. É arácnido.
    3. Ten seis patas.
    4. Himenóptero

    O usuario pode eliminar as ligazóns premendo nas liñas.

       
    Fórmulas  

    Con este tipo de páxina ofrecese un panel de 16x6 cadros para que o autor escriba un carácter en cada uno dos cadros.
    Se o carácter vai precedido da letra "s" significa que se escribirá na parte superior ( superíndice ), se vai precedido dunha "i" escribirase na parte inferior ( subíndice).
    Un doble click sobre o cuadro o colorea, que significa que o contido do cadro será invisible e deberá ser o usuario o que escriba o seu valor.

    Por exemplo:
    H i2 O
    2 X e2

    EDUCALIM 2006-2020 Información legal