Saltar a contidos.
L i m Libros Interactivos Multimedia

Crear páxinas



Tipos de páxinas:

   
Imaxe e texto .  

Páxina para mostrar información. Admite un marco de texto e unha imaxe. Ambolos dous elementos poden posicionarse libremente.

1.- Marco de imaxe. Arrastre aquí unha imaxe ou animación. Se pulsa e move o ratón, o marco de imaxe desprázase.
2.- Marco de texto. Escriba neste marco.
3.- Pulse na esquina superior esquerda para mover o marco de texto.
4.- Aperte na esquina inferior dereita para redimensionar o marco.
5.- Parámetros:

  • HTML: lim interpretará as etiquetas HTML ( cores, formato, etc ).
  • Cor de fondo.
  • Cor de texto.

Coa versión 3.2 engádese un editor visual, que aparece ao premer no cadro de texto, e un editor de etiquetas HTML, ao premer na icona

   
Crebacabezas  

Coñecido xogo de recompoñer unha imaxe. Admite a posibilidade de mostrar unha imaxe de fondo con diferentes niveis de opacidade , para facilitar a resolución do xogo.

1.- Imaxe para crear o crebacabezas.
2.- Especificar o número de filas e columnas. Se preme no botón pode ver a grella.
3.- Seleccione se quere q LIM mostre o destino das pezas.
4.- Botón para definir a imaxe de fondo.

Desde a versión 3.2 pódese escoller a forma das pezas, rectangulares ou irregulares.

   
Sopa de letras.  

Xogo que consiste en buscar ata 8 palabras nun cadro de 10x10 letras.
As palabras non poden superar os 10 caracteres.

1.- Enunciados que definen as palabras que deben atoparse.
2.- Palabras a buscar.
3.- Opcións:

  • Mostrar imaxes.
  • Ver enunciados.
  • Colorear fondo.
  • Ver os cadros das letras.

Se non escribe enunciados pero selecciona a opción "ver enunciados", entonces LIM mostra como enunciados as palabras escondidas na sopa de letras.

Coa versión 3.2 engádese a posibilidade de introducir os caracteres para formar a sopa de letras:

   
Parellas.  

Xogo que consiste en descubrir as imaxes iguais.

1.- Arrastre as imaxes para crear o xogo das parellas.
2.- Defina as cores de fondo e tapa.
3.- Se o desexa pode especificar un tempo máximo para resolver o xogo.

A tapa e a cor que oculta as imaxes.

   
Preguntas.  

1.- Escriba aquí a pregunta.
2.- Escriba aquí a resposta.

 

   
Resposta múltiple.  

1.- Texto.
2.- Imaxe para ilustrar a pregunta.
3.- Resposta correcta. Selecione a resposta correcta.
4.- Respostas.

Debaixo de cada resposta pódese escribir un comentario que se amosará cando o usuario preme na resposta.

   
Frases.  

Este tipo de páxina permite crear actividades de traducción, dictado, etc.

1.- Arrastre o sonido que se reproducirá cando o usuario prema na frase.
2.- Frase que deberá escribir o usuario.
3.- Texto visible.

   
Escoller.  

Actividade na que o usuario deberá seleccionar varias imaxes ou textos.

1.- Imaxe.
2.- Especifique se a selección é correcta.
3.- Texto.

Os cadros marcados (2) serán os que deberá seleccionar o usuario.

   
Panel.  

Páxina expositiva. Dirixida especialmente a mostrar información de manera dinámica.

1.- Imaxes. Arrastrar as imaxes aquí.

2.- Imaxe de fondo.

Esta páxina pode servir para construir modelos, xogos, etc.

EDUCALIM 2006-2020 Información legal